A gañadora aventaxaría en algo máis de dez minutos á campioa galega da pasada edición Verónica Calvo do Atetismo Sar quen desta vez lograba o subcampionato autonómico, pechando os postos de podio absoluto femininos Carla Trillo do Ría de Foz quen pola súa banda, tamén cambiaba a prata do 2022 polo bronce deste 2023.
Nos homes o subcampionato galego foi para o gañador da primeira edición do 2015 Amador Pena do Atletismo Compostela quen chegaba a sesenta e dous segundos do vencedor, ocupando o terceiro posto Rubén Insúa do Atletismo Sar.
No resto de categorías, as campioas e campións galegos foron os seguintes:
Desta edición sairá gran parte da Selección Galega que tomará parte no próximo Campionato de España de Seleccións que se desenvolverá na localidade navarra de Lerín o día 7 de maio e cuxa composición darase a coñecer en breve.