Concello de Ourense

Segunda cancha multixogos na cidade, no barrio da Ponte

A obra permitiu a remodelación completa do recinto do barrio da Ponte que se atopa ao carón do centro cívico pontino, na rúa Eulogio Gómez Franqueira.Cun investimento de preto de 43.399.000 euros permitiu a instalación dun complexo multixogos no barrio.

Óscar Gómez

Ourense | 04.01.2022 08:16

Segunda cancha multixogos na cidade, no barrio da Ponte | onda cero

O Concello de Ourense, a través da Concellaría de Medio Ambiente inaugurou un novo parque multixogos na cidade, neste caso no barrio de A Ponte.

Esta obra súmase á recentemente terminada no parque da A6, rúa Jesus Gil do barrio de Barrocás, que forman parte dun plan da Concellaría de Medio Ambiente que, con preto de 500.000 euros en investimento, ten como obxectivo a execución de 10 actuacións no conxunto dos barrios para o fomento do deporte ao aire libre dos cativos e non tan cativos da cidade.

Jorge Pumar amosa a súa satisfacción “polo traballo que desenvolven os traballadores municipais da Concellería de Medio Ambiente, que permitiu nos últimos 20 días poñer ao servizo dos cidadáns 11 parques infantís completamente remodelados, ao que se deben sumar dous novos recintos multixogos, como o que hoxe inauguramos na cidade”.

inauguración da segunda cancha multixogos na cidade, no barrio da Ponte | onda cero

A obra permitiu a remodelación completa do recinto do barrio da Ponte que se atopa o carón do centro cívico pontino, na rúa Eulogio Gómez Franqueira. O investimento de preto de 43.399.000 euros permitiu a instalación dun complexo multixogos no barrio para o fomento do deporte ao aire libre.

As instalacións, nos seus máis de 1.000 metros cadrados, permiten a práctica de deportes como fútbol e baloncesto, entre outros, xa que a instalación conta con equipamento de porterías de 3 por 2 e de taboleiros de baloncesto. A estrutura do conxunto está formado por tramex pletina barilla composta por módulos con tubo pestaña o que se incorpora no seu chan céspede de ultima xeración para a práctica deportiva con seguridade. O conxunto da instalación conta con elementos antivandálicos para a súa conservación.

Pumar resalta que “o meu traballo político céntrase en dar resposta á demanda dos veciños de cada barrio da cidade, pondo como exemplo as recentes inversións do barrio da Ponte, onde en poucos días vimos de inaugurar un recinto multixogos de última xeración e un parque infantil equipado con xogos de deseño, ambos únicos en España”.