Ourense Cidade

As rúas da cidade acollerán este domingo a V Carreira da Muller

A proba popular, non competitiva, terá saída e meta na Praza Maior desde as 11.00 h e consistirá nunha ruta de 5 km polo centro histórico e as marxes do Barbaña.

Óscar Gómez

Ourense | 28.02.2024 10:06

As rúas da cidade acollerán este domingo a V Carreira da Muller | onda cero

As rúas da cidade acollerán este domingo, 3 de marzo, a quinta edición da Carreira da Muller de Ourense, organizada por Club Runmaniak Box001 Ourense, coa colaboración do Concello. A proba popular, non competitiva, terá saída e meta na Praza Maior desde as 11.00 h e consistirá nunha ruta de 5 km polo centro histórico e as marxes do Barbaña. Tamén haberá unha carreira inclusiva, para persoas de mobilidade reducida, de 1 km, ás 10.50 h.

As persoas interesadas poden inscribirse a través da web www.sportsmaniacs.com. O prezo é 3 euros para persoas maiores de 16 anos, e gratuíta para menores e para participantes na carreira inclusiva,

A proba mantén percorrido das edicións anteriores: Praza Maior, Avenida de Pontevedra, Desengano, As Burgas, marxe dereita do río Barbaña, Avilés de Taramancos, Pardo de Cela, marxe esquerda do Barbaña, Pura e Dora Vázquez, Vila Valencia, Praza de Abastos, As Burgas, Cervantes, Praza da Ferrería, Pelaio, Saco e Arce, Dous de Maio, Herná́n Cortés, Praza do Trigo, Cardeal Cisneros, A Unió́n, Fornos, Praza do Ferro, Santo Domingo, Parque de San Lá́zaro, Paseo, Lamas Carvajal e Praza Maior

A carreira inclusiva de 1 km percorrerá a Praza Maior, rúa das Tendas, rúa da Paz, Praza do Ferro, Santo Domingo, Parque de San Lá́zaro, Paseo, Lamas Carvajal e meta na Praza Maior