Educación

Román Rodriguez renova o seo compromiso coa Fundación Otero Pedrayo

Unha colaboración que, en palabras do conselleiro, reflicte o apoio do Goberno galego ao traballo desta entidade para recoñecer e promocionar ao espallamento da lingua e a cultura galega

Óscar Gómez

Ourense | 17.06.2021 09:53

Román Rodriguez renova o seo compromiso coa Fundación Otero Pedrayo | onda cero

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, recibiu a José Eduardo López Pereira, recentemente nomeado presidente da Fundación Otero Pedrayo, a quen trasladou o compromiso da Xunta de Galicia con esta institución que ten como obxectivo favorecer á divulgación da cultura galega e manter viva a memoria e a promoción da obra de Ramón Otero Pedrayo.

Román Rodriguez recibe o presidente da Fundación Otero Pedrayo | onda cero

No seu encontro, o responsable de Cultura da Xunta de Galicia e o novo presidente da entidade de Amoeiro, acompañados polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, renovaron o seu acordo anual mediante o cal a Consellería de Cultura, Educación e Universidade colabora cos gastos de funcionamento e programación da Fundación. Unha colaboración que, en palabras do conselleiro, reflicte o apoio do Goberno galego ao traballo desta entidade para recoñecer e promocionar ao espallamento da lingua e a cultura galega a través de iniciativas como o Premio Trasalba, que este ano celebra a súa trixésimo oitava edición.