cultura

‘Rock entre pedra e poesía" desenvolverasé no claustro de Celanova

Javier Gurruchaga e a Orquesta Mondragón e Mad Mission actuarán o 22 de xullo e o 20 de agosto farano Revolver e Escuchando Elefantes.

Óscar Gómez

Ourense | 30.06.2023 08:44

‘Rock entre pedra e poesía" desenvolverasé no claustro de Celanova | onda cero

O Ciclo Rock entre pedra e poesía, que se celebrará no Claustro do mosteiro de San Salvador de Celanova o 22 de xullo cos concertos de Javier Gurruchaga e a Orquesta Mondragón e Mad Mission, e o 20 de agosto coas actuacións de Revolver e Escuchando Elefantes.

O delegado territorial sinalou que iniciativas como as que hoxe estamos a presentar, patrocinadas por Turismo de Galicia, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do concello de Celanova, teñen como principal obxectivo, que a través da música de sempre, se resalten espazos de incalculable valor patrimonial e cultural como ten a provincia de Ourense.

O prezo das entradas, xa á venda dende o venres 23 de xuño en Ataquilla.com, teñen un prezo individual de 24 euros e un bono de 40 euros que inclúe as dúas actuacións máis gastos de xestión da empresa distribuidora e o aforo dos mesmos terá un máximo de 800 persoas de pe. A hora de comezo será as 21,00 o concerto do 22 de xullo e as 20,00 horas o concerto do 20 de agosto.