Ourense Cidade

Ribeiro en Común presenta unha iniciativa para crear vivenda pública en Ribadavia

Ribeiro en Común propón que o Concello estableza coa Xunta un convenio para crear vivenda pública en varios edificios sen rematar do centro urbano de Ribadavia.

Óscar Gómez

Ourense |

Ribeiro en Común presenta unha iniciativa para crear vivenda pública en Ribadavia | onda cero

O obxectivo é dobre: revitalizar unha zona de Ribadavia que, a pesar de ser o centro urbano, está quedando baleira, e por outra banda, crear unha bolsa de vivenda pública inexistente nun municipio onde existe un importante número de vivenda turística pero pouca oferta para a vivenda dos veciños e das persoas que busquen residir en Ribadavia.

Ribeiro en Común pide que o Concello comece a dinamizar urbanisticamente o centro urbano de Ribadavia. A zona da rúa Progreso está quedando baleira.

Ribeiro en Común sinalalle ao goberno varios inmobles que se atopan baleiros na rúa Progreso, e mesmo un edificio sen rematar desde fai máis de unha década que se podería adquirir por parte da Xunta para rematar a súa obra e ofertar vivendas públicas.

Recordamos que o noso grupo logrou aprobar xa en Pleno a solicitude do Concello para que o IGVS amplíe a área e o programa REXURBE a esta zona da rúa Progreso con esta intención. Agora, volvemos pedir que o Concello comece a traballar para reverter esta situación negativa que afecta a Ribadavia.

De non poder levarse a cabo estas medidas, solicitan que o Concello convoque a comisión de urbanismo con todos os grupos para buscar solo urbano e consensuar cambios no PXOM para dotar de vivenda pública a Ribadavia.