Esta campaña pretende animar á lectura a todos os veciños e veciñas investindo en cultura, participando na mesma as tres librerias de Ribadavia.
Este desconto aplicaráselle ao cliente, e non suporá ningún custe para as librarías ou editoriais, xa que este importe será asumido integramente polo Concello de Ribadavia, co obxectivo de contribuír a dinamizar o comercio local e o fomento da lectura entre a poboación.
O desconto do 20% durante a SEMANA DO LIBRO é unha actividade organizada polo Concello de Ribadavia e será aplicable á merca de libros de lectura (ficción, ensaio, Banda Deseñada) excluíndo revistas, xornais, material escolar e resto de produtos á venda nas propias librarías.
A oferta será acumulable a outras ofertas que poida haber nos propios establecementos. Ao tratarse dunha oferta especial, non se admitirá a devolución dos libros que sexan mercados a través deste desconto.
As librarías de Ribadavia nas que se poderá gozar deste desconto do 20% durante A SEMANA DO LIBRO son: Librería Mafranch, Libraría Follas Novas e Libraría Goyma.
Desde o Concello de Ribadavia queremos animar á veciñanza á que participe desta oferta para disfrutar da lectura e dinamizar o comercio local.