Dita competición abarcará as modalidades de Kumite e Kata, nas seguintes categorías; pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete,estruturándose en dous niveis; iniciación e avanzado. Nesta competición participarán un total de 579 inscritos e 30 clubes, e está dirixida ás categoría base, coa finalidade de lles ofrecer espazos de mellora e crecemento deportivo.
Desde o Concello agardan unha fin de semana deportiva de moi bo ambiente en Ribadavia, cunha importante afluencia de visitantes de toda Galicia, case 600 participantes de entre 3 e 18 anos coas súas familias, que visitarán a nosa vila xerando un gran ambiente e convertendo a Ribadavia na capital do karate galego.