Onda Vermella

Recta final na primeira fase da Terceira División

A terceira división afronta a penúltima xornada da primeira fase. Os equipos ourensáns máis preto de saber cal vai a ser o seu obxectivo na fase final.

Onda Cero Ourense

Ourense | 20.03.2021 13:39

Recta final na primeira fase da Terceira División | Onda Cero Ourense

A primeira fase na terceira división chega a súa penúltima xornada cos equipos ourensáns xogando por diferentes obxectivos. Esta semana pode ser máis clarificadora.

CD Arenteiro

O equipo de Fran Justo viaxa a Vigo para xogar na matinal do domingo frente ó Rápido de Bouzas. O Arenteiro, xa clasificado para xogar na segunda fase polo ascenso, busca os tres puntos que lle permitirán na segunda parte da temporada ter moitas máis opcións de acadar o ascenso directo. O seu rival, o Rápido de Bouzas, está directamente metido co resto de equipos ourensáns na pelexa por entrar entre os 6 primeiros clasificados e, deste xeito, asegurarse a permanencia.

Ourense CF

Os pontinos ocupan nestos momentos a séptima posición (con un partido menos) e buscarán dar un paso adiante case definitivo acadando os 3 puntos en Porriño frente ó últimos clasificado, o Pontellas. Os de Rubén Domínguez aínda albergan algunha esperanza de rematar nos 3 primeiros postos, para acadalo deberían gañar os seus 3 partidos pendentes e que o Alondras sume cómo moito 1 punto tamén en 3 partidos.

CD Barco

O equipo valdeorrés estrea adestrador (Iván González) no partido ante CD Choco. O CD Barco busca unha victoria que o situaría con moitas opcións na última xornada de escapar dos 6 últimos postos da clasificación.

UD Ourense

Os vermellos tengan apurar as súas opcións para situarse entre os 6 primeiros clasificados, para éso é absolutamente indispensable acadar os 3 puntos frente ó Atios. A victoria ten un dobre valor porque, ademáis, supón alonxarse dun rival directo no caso de caer no grupo que loitará na segunda fase pola permanencia.

Onda Vermella

A canle da Unión Deportiva Ourense en Youtube emitiu un novo capítulo de Onda Vermella co seguinte contido:

  • Entrevista a Rubén Durán, capitán da UD Ourense
  • Entrevista a Mario Gómez Calviño presidente da EFF Rosalía que este domingo fai o seu partido de presentación frente a CD Lugo. Este partido ten un carácter benéfico con toda a recadación a favor da Asociación Pequenos Superheroes. A EFF Rosalía habilitou unha Fila Cero no número de conta ES26 0081 0075 9500 0153 0560
  • Análise do partido UD Ourense - UD Atios e da xornada 21 na terceira división galega con Jorge Paz