Automovilismo

O rallye de Noia segunda parada do campeonato galego de rallyes

O Campionato de Galicia de Rallyes afronta xa a súa segunda data puntuable coa disputa, dende este venres 14 de abril, do Rallye Berberecho de Noia, unha das citas máis veteranas do certame con 120 equipos na liña de saída.

Óscar Gómez

Ourense | 14.04.2023 08:15

O rallye de Noia segunda parada do campeonato galego de rallyes | onda cero

A proba coruñesa estará dividida en dúas xornadas, coas verificacións técnicas e administrativas na mañá do venres e dous tramos cronometrados na tarde. Para o sábado, oito especiais máis, con final as 19:45 horas no parque pechado Labarta, ao que os equipos que completen a proba chegarán tras cubrir os 115 quilómetros contra o cronómetro.

Novamente haberá un elenco de participantes de grande nivel, con Víctor Senra e David Vázquez portando o número 1 nas portas do Citroën C3 WRC co que xa gañaron na cita inaugural, o Rally de A Coruña.

Ademáis, a cita será puntuable para a Recalvi R5, a Pirelli Driver Autia Top Ten nas súas tres modalidades; Pirelli AMF; Volante FGA e Promoción Xoven Piloto, que serán novamente animadoras do certame autonómico. Como non, os dous equipos becados pola FGA, os formados por Alexis Vieitez e Cristian Álvarez e Marcos Maceiras e Sergio Iglesias, ambos con Nissan Micra N5, tomarán a saida na proba, despois de mostrar o seu potencial no inicio do certame en A Coruña.

Programa Horario do Rallye Berberecho de Noia

Venres, 14 de abril

TC1 – Autos Patiño

TC2 – Transportes El Jaime

Sábado, 15 de abril

TC3 – Vruma Kayaks

TC4 – Caeiro Metal

TC5 – Vruma Kayaks

TC6 – Caeiro Metal

TC7 – Pavimento Noia

TC8 – Excavaciones M.Rodríguez

TC9 -- Pavimento Noia

TC10 – Excavaciones M.Rodríguez

Entrada parque pechado final do Rally