Ourense Cidade

O Psoe rexeita o novo tarifazo de Jácome na piscina termal das Burgas

O Psoe de Ourense denuncian tamén que Jácome se negase a dar explicacións as veciñas e veciños e un calendario con plazos claros para o desbloqueo da paralización das obras da Avenida de Portugal.

Onda Cero Ourense

Ourense |

O Psoe rexeita o novo tarifazo de Jácome na piscina termal das Burgas | Faro de Vigo

O Grupo Municipal Socialista de Ourense reixeita a nova ordenanza impulsada polo goberno de Gonzalo Pérez Jácome para implantar tarifas de acceso á futura piscina termal das Burgas, cualificando a medida como un “tarifazo inxusto” que prexudica directamente á veciñanza.

Alba Igleias | La Voz de Galicia

A edil socialista, Alba Iglesias, denunciou, durante o pleno extraordinario, que o alcalde pretende “poñerlle prezo a algo que sempre foi da xente de Ourense”, convertendo un espazo público e identitario nun produto turístico de pago. “Non imos apoiar que as veciñas e veciños teñan que pagar sete euros por acceder ás Burgas, o mesmo que un turista, cando este é un símbolo da cidade e un dereito colectivo”, sinalou.

Desde o PSOE lembran que As Burgas levan anos pechadas sen unha data clara de reapertura, e consideran que esta proposta responde máis a unha estratexia de recadación que a unha verdadeira aposta polo termalismo público. “O único obxectivo é transformar un recurso público nun negocio, seguindo unha dinámica de privatización encuberta dos servizos municipais”, critican.

Ademais, subliñan que o propio expediente recoñece que a maioría das persoas usuarias serán residentes, polo que a medida supón “cobrar principalmente á xente de aquí”. Neste sentido, alertan de que o prezo proposto reducirá o acceso e uso da instalación por parte da cidadanía.

As e os socialistas tamén cuestionan a xustificación económica da taxa, lembrando que se trata dunha instalación con baixos custos de mantemento, ao non requirir gasto en auga nin grandes consumos enerxéticos. “Non hai débeda nin custos elevados que xustifiquen este sablazo”, apuntan.

Client Challenge

O grupo municipal insiste en que As Burgas deben seguir sendo un espazo público, accesible e gratuíto, e acusa ao alcalde de priorizar intereses alleos fronte ao benestar da cidadanía. “Se queren apostar polo turismo, que non sexa a costa de facer pagar á veciñanza polo que sempre foi seu”, conclúen.