Ourense Cidade

O Psoe lamenta que Jácome use o concello como unha oficina de colocación

“Defendemos unha política de persoal Ourense transparente e eficiente, totalmente oposta á que está a levar a cabo o alcalde nos últimos anos nesta institución”, afirmou rotunda a portavoz e secretaria xeral do PSdeG na cidade, Natalia González.

Óscar Gómez

Ourense |

O Psoe lamenta que Jácome use o concello como unha oficina de colocación | onda cero

“O grupo municipal socialista defende unha política de persoal no Concello de Ourense transparente e eficiente. Totalmente oposta á que está a levar a cabo o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, nos últimos anos nesta institución”, afirmou rotunda a portavoz e secretaria xeral do PSdeG en Ourense, Natalia González Benéitez.

Así mesmo, sinalou que a situación é “caótica e gravísima”, cun proceso de estabilización de interinos e persoal laboral de máis de 100 funcionarios e funcionarias completamente paralizado. “Todo a sabendas de que o goberno local debe cumplir coa lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e ter finalizado o proceso antes do 31 de decembro do presente ano”, engadiu a edil.

Nesta liña, lembrou que está a piques de caducar a oferta de emprego público de 2021 e non hai visos de convocatoria para as de 2022 e 2023. “Estamos, un ano máis, sen unha nova Relación de Postos de Traballo (RPT). O Concello de Ourense converteuse na oficina de colocación de Democracia Ourensana cun gasto disparado, como nunca na historia, en asesores e en horas extra”, expuxo a voceira socialista.

Lamentou que o proceder de Jácome e o seu partido xire arredor de “amedrentar e perseguir ao alto funcionariado, que lle saca as cores en materia económica, mentres vai enchufando amigos e comprando vontades a cargo do gasto público, con cartos de todos e todas, intentando distraer á cidadanía con luces e orquestras”.

Rematou concluindo que o grupo municipal socialista insite na reactivación urxente do proceso de estabilización, en que non se deixen caducar as ofertas de emprego público de anos anteriores e en que se poña en marcha a redacción da nova RPT.