Ourense Cidade

O Psoe impulsa o complexo de San Francisco como epicentro da cultura da cidade

Dende a Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense enteden que na xestión cultural temos que planificar e pensar cómo queremos que sexa ese futuro.

Óscar Gómez

Ourense | 04.11.2022 08:12

O Psoe impulsa o complexo de San Francisco como epicentro da cultura da cidade | onda cero

A CEM do PSdeG-PSOE de Ourense reclama a cultura como “un dereito universal susceptible de ser reclamado por parte das e dos cidadáns á administración”. Así o manifestou esta tarde o seu secretario de organización, Jose Ramón Fernández Morgade, no foro debate “Ourense a cidade que queremos: O rescate da emerxencia cultural de Ourense”.

Os socialistas ourensáns continúan así coas charlas abertas á cidadanía para analizar e atender ás demandas e facer propostas programáticas cara o calendario de 2023. Nesta ocasión o eixe fundamental do acto foi o sector cultural elixindo para a súa realización un dos únicos enclaves do Concello nos que os programas culturais seguen a peza clave como é Seixalbo. No evento participaron: Franci Stella Estrada, escritora; Jose Manuel Rodríguez, Cineclube Padre Feijoo; Isabel Salgado, secretaria de cultura da CEM e Rosendo Prieto, asociación cultural Agromadas. Todos eles referentes de asociación culturais que seguen a manter viva a súa actividade pese as políticas inexistentes do gobernó de Jácome.

Natalia González, secretaria xeral da CEM expresou na súa intervención que a xestión cultural de Jácome non foi nunca, nin será, “unha prioridade”, se non que a deixou ao “azar e á improvisación” empezando polo cambio de nome da Concellería de Cultura, agora de Artes e Festexos, e pasando pola retirada do apoio a festivais de longa duración, á programación baixo mínimos do Auditorio Municipal, o desmantelamento da UPO, festivais extinguidos ou emigrados a outros lugares, museos pechados ou infrautilizados ou a situación pola que atravesan os centros cívicos, os locais de ensaio e a casa da mocidade. Todo elo dan mostra da nula preocupación do alcalde e de DO pola cultura da cidade, que sobrevive grazas ás accións de entidades e asociacións privadas.

En definitiva, a política cultural de Jácome é “arbitraria” e converteuna nun vehículo co cal cumprir os seus “caprichos” e satisfacer o seu “despotismo desmesurado”.

Dende a Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense enteden que na xestión cultural hai que “planificar e pensar cómo queremos que sexa ese futuro”. A xestión cultural municipal debe ser “un medio e non un fin, debe adaptarse ao momento e á realidade presente e trasladar as súas accións e proxectos ao longo do tempo”. Novas demandas tecnolóxicas colaborativas, novas formas de financiamento, novas ferramentas de debate e de reflexión ou novos formatos. Unha cultura aberta para todas e todos.