Ourense Cidade

As propostas premiadas no VII Sabores de Ourense poderán seguir degustándose un mes máis

O representante dos hostaleiros felicitou a organización polo desenvolvemento do concurso, o que máis locais convocou de todos os que se celebran en Galicia, e agradeceu a implicación do Concello de Ourense.

Óscar Gómez

Ourense | 10.05.2023 07:52

As propostas premiadas no VII Sabores de Ourense poderán seguir degustándose un mes máis | onda cero

A sétima edición do concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera rematou esta mañá coa entrega dos diplomas aos hostaleiros responsables das mellores propostas. Porén, as súas creacións poderán seguir desfrutándose nos locais correspondentes durante un mes máis ou, nalgún caso, incorporaranse á carta fixa do establecemento. Así o anunciaron esta mañá, no salón de plenos, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Unión de Hostaleiros de Ourense (UHO), Javier Outomuro.

O representante dos hostaleiros felicitou a organización polo desenvolvemento do concurso, o que máis locais convocou de todos os que se celebran en Galicia, e agradeceu a implicación do Concello de Ourense.

O xurado, composto polos cociñeiros Iñaki Bretal e Antonio Botana, así como por Rut Nieves, profesora na Escola de Hostalaría e Turismo IES Vilamarín, concedeu os seguintes premios.

1º premio: Portovello, polo pincho A terma

2º premio: Fuentefría, polo pincho Fume de mar

3º premio: Bágoa Gastrobar, polo pincho Entre foliada e foliada

Accésit ao pincho máis creativo: Portovello, polo pincho A terma

Premio do Público: La Zapatería del Abuelo, polo pincho Ouren-masala (120 votos). A responsable do local levou, ademais, o premio do seu peso en cervexa.

Premio Pincho Celíaco, outorgado pola delegación ourensá da Asociación de Celíacos de Galicia: Portovello, polo pincho A terma

Gabi Conde (Portovello) e Beatriz Alcalá (La Zapatería del Abuelo) pasaron por Onda Cero Ourense

Gabi Conde, de Portovello, e Beatriz Alcalá de La Zapatería del Abuelo estiveron en Se nos va la Olla para explicarnos con detalle cómo son os seus pinchos "A Terma" e "Ouren-masala"

Pincho gañador do 1º premio

A terma de Portovello

Concurso de Pinchos de Ourense | Portovello

Pincho gañador do premio do público

Ouren-Masala de La Zapatería del Abuelo

Concurso de Pinchos de Ourense | Pablo Araujo (La Zapatería del Abuelo)