Programa repleto de actuacións por toda a cidade para celebrar o Magosto 2021
Disporanse catro carpas -na Ponte, no Posío, na praza do Bispo Cesáreo e no parque do Barbaña- para actuacións destinadas ao público infantil e familiar ás 12.00, 17.00 e 19.00 horas. Todas as actividades son gratuítas e o acceso é libre ata completar o aforo.
O Concello de Ourense programou espectáculos de rúa e destinados a todos os públicos en diferentes emprazamentos da cidade para celebrar o Magosto 2021, cuxo prato forte será, desde as 19.00 horas, a actuación da orquestra París de Noia.
As actividades comezarán ás 12.00 horas con ruadas de gaiteiros e cabezudos por diferentes rúas da cidade, animando a veciñanza a celebrar esta singular data. A esa mesma hora comezarán, tamén, os espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar en diferentes emprazamentos da cidade, xa que haberá carpas no barrio da Ponte -xunto á ponte romana-, no Xardín do Posío, na praza do Bispo Cesáreo e no parque do Barbaña, con actuacións de Magín Blanco, Culturactiva, O mago Teto e Rilo & Penadique.
O prato forte desta programación será a actuación da orquestra París de Noia, desde as 19.00 horas na Avenida Pardo de Cela. Todas as actividades son gratuítas, e o acceso ás carpas e ao converto da París de Noia é libre ata completar o aforo establecido en cada caso.
A programación queda como segue:
Gaiteiros e cabezudos polas rúas da cidade:
12.00 Ruada de gaiteiros De Pé Feito cos cabezudos
13.00 Ruada dos gaiteiros Os Daniñas e Par de Par
18.00 Ruada de gaiteiros De Pé Feito cos cabezudos
19.00 Ruada dos gaiteiros Os Daniñas e Par de Par
Carpas infantís na Ponte, Posío, Bispo Cesáreo e Barbaña, actuacións tres pases en horario de 12.00, 17.00 e 19.00 horas. Capacidade limitada.
Magín Blanco e a Banda das apertas. Espectáculo musical
Horario:12.00, 17.00 e 19.00 horas
Público: Familiar
Duración: 60 min
Localización: Na Ponte (parque xunto Ponte Romana)
Culturactiva producións co espectáculo Saaabor. Espectáculo cómico que mestura maxia, humor, ritmo, participación do público e ata cociña en directo...
Horario:12.00, 17.00 e 19.00 horas
Público: Familiar
Duración: 75 min
Localización: Xardín do Posío
Mago Teto, O Afiador. Espectáculo en torno a unha roda de afiar dos anos 30.
Horario:12.00/17.00 e 19.00 horas
Público: Todas as idades
Duración: 45 min
Localización: Parque do Barbaña
Rilo & Penadique, Historias con susto para durmir a gusto. Unha peculiar ollada sobre as historias de sempre, desas de antes de ir durmir.
Horario:12.00, 17.00 e 19.00 horas
Público: Familiar (+ 5 anos)
Duración: 45 min
Localización: Bispo Cesáreo
París de Noia
De 19.00 a 21.30 horas Orquestra París de Noia, na Avenida Pardo de Cela. Acceso libre e gratuíto até completar aforo.