Ourense Provincia

O programa ChegOU para o fomento da natalidade amplía as axudas

A Xunta de Goberno aprobou as bases deste plan, que conta cun orzamento de 325.000 euros e beneficiará a todas aquelas persoas que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023 teñan un fillo, adopten ou accedan á tutela de menores.

Óscar Gómez

Ourense | 14.02.2023 08:45

300.000 euros ao programa ChegOU para o fomento da natalidade | onda cero

As bases do programa sinalan que a guerra en Ucraína obrigou a moitas persoas, na súa gran maioría mulleres, a fuxir do país coa súa familia, mesmo con recen nacidos ou en estado de xestación, deixando atrás os seus traballos e modo de vida. Así, poderán acceder ás subvencións aquelas persoas que se atopen en situación de “desprazadas por conflito armado” e teñan un fillo en 2023, ampliando esta posibilidade con carácter retroactivo excepcional ao ano 2022.

Cun orzamento de 325.000 euros, as subvencións para o fomento da natalidade do programa ChegOU, que xestiona a Área de Benestar da Deputación, están dirixidas a todas aquelas persoas que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023 teñan un fillo, adopten ou accedan á tutela de menores.

ChegOU | Deputacion de ourense

As contías das subvencións corresponderanse coa clasificación dos concellos en cuxo rexistro civil se inscriba o menor, é dicir, 300 euros no caso dos concellos sen prioridade demográfica (grao 0) e para os municipios con prioridade de grao 1 e 2. As axudas serán de 500 euros para os concellos con prioridade de grao 3. As solicitudes poderán presentarse ata o 31 de decembro de 2023, aínda que no caso de que o nacemento, a adopción ou tutela tiña lugar entre o 1 e o 31 de decembro de 2023, o prazo ampliarase ata o 15 de xaneiro de 2024.