Primeiro encontro de Manuel Cabezas coa militancia
O candidato á presidencia do grupo local do PP de Ourense iniciou no Centro Cívico da Cuña a campaña interna para o congreso extraordinario do 23 de xullo.
Manuel Cabezas iniciou no Centro Cívico da Cuña a campaña electoral interna que levará o próximo 23 de xullo ao congreso local extraordinario do PP de Ourense, ao que é designado pola Comisión Organizadora como único candidato tras validar onte o avais á súa candidatura, presentada o pasado luns na sede provincial.
Cabezas falou cos militantes de Mariñamansa e San Francisco, dentro dunha rolda de encontros cos membros dos nove distritos da cidade. O candidato explicou que tomou a decisión de retomar as rendas do partido na cidade "despois de escoitar aos militantes, aos presidentes de distrito e aos veciños que me pediron que dese este paso".
Manuel Cabezas destacou a súa vontade de rearmar ao PP na cidade: "Entre todos imos construír un partido forte, con maiorías, para liderar un novo proxecto dunha cidade ilusionante". Ademais, o candidato amosou o seu desexo de abrir un novo ciclo para retomar “a liña de xestión e progreso que, a xuízo de moitos ourensáns, resume a etapa do goberno municipal ourensán entre 1995 e 2007, apoiada nun excelente traballo colectivo de o PP”.
Manuel Cabezas continúa este xoves, 14 de xullo, unha campaña interna que chegará ao Restaurante El Coto, onde se reunirá con membros de Centro, O Couto-rural, O Couto-centro, A Rabaza-Ceboliño e Casco Histórico. E o luns 18, o peche da campaña interna será no local da asociación veciñal da Ponte, co encontro do candidato cos militantes da Ponte-centro e A Ponte-rural.