Vinicultura

Presentadas as rutas dos viños galegas

Máis de 100 establecementos participan na primaveira de portas abertas das rutas dos viños.

Paco Sarria

Ourense |

Presentadas as rutas dos viños galegas | onda cero

O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, presentou a nova edición da Primaveira de Portas Abertas que a Xunta desenvolve en colaboración coas cinco entidades impulsoras das rutas dos viños entre as que figuran as denominacións de orixe ourensáns.

Así do 3 ó 5 de maio terá lugar a de Valdeorras. Do 17 ó 19 de maio a do Ribeiro. Do 24 ó 26 do mesmo mes a da Ribeira Sacra, e por último do 31 de maio ó 2 de xuño a de Monterrei.

Nas rutas participan restaurantes onde poderán escoller menús especiais para a ocasión e serán organizados showcookings, rutas en bicicletas e concertos para complementar a oferta na que se inclúen paseos en catamarán polo Miño e sendeirismo entre viñedos.

Para esta ocasión amplíanse as saídas do bus do viño incorporando Ferrol ás saídas.