Con motivo da celebración o vindeiro 20 de novembro do DIA MUNDIAL DA INFANCIA, desde o Colexio Luis Vives a través do seu Departamento de Educación Infantil, pretenden impulsar actividades onde as familias interactúen dunha maneira divertida e sobre todo Educativa, cos seus nenos máis pequenos.
É nesta liña, propoñen este concurso no cal, un ou varios membros da unidade familiar (nai, pai, irmáns, avós,…) debe realizar unha entrevista sobre calquer tema aos seus pequenos da casa.
Unha actividade divertida, na que os nenos e nenas vanse sentir protagonistas e seguramente aportarán cousas moi interesantes.
Todos os participantes recibirán un obsequio e ademáis os 3 primeiros, (os que consideren máis orixinais, divertidos) … levarán a maiores un Premio adicional.
O sábado día 20 de novembro, con motivo da celebración do Día Mundial da Infancia, nas instalacións do Colexio Luis Vives terá lugar unha Festa na que estará presente LUVI que entregará os Premios a todos os concursantes desta Actividade dirixida a considerar aos nosos pequenos, considerados como un piar básico da Sociedade, polo que debemos cuidalos, protexelos e sobre todo ESCOITALOS, xa que seguro que teñen moito que dicir.