Premio Eduardo Barreiros para Ainhoa Rodríguez por "Destello Bravío"
A primeira longametraxe da directora únese a Celia Rico e Polo Menáguez con Viaje al cuarto de una madre e El Plan como premiados en 2019 e 2020, respectivamente.
O Ourense Film Festival (OUFF) entrega o Premio Eduardo Barreiros 2021 á cineasta Ainhoa Rodríguez pola súa primeira longametraxe de ficción Destello Bravío. O filme é unha comedia dentro do xénero fantástico-realismo máxico que ven de ser recoñecida no Festival de Málaga co Premio especial do xurado e a mellor montaxe e no Festival de San Sebastián co Premio Dunia Ayuso. Carmen Leyte, presidenta da Fundación Carlos Velo.
No seu encontro cos medios desta tarde, Ainhoa Rodríguez, dixo “estar encantada e agradecida de estar aquí en Ourense. Para min este premio é un recoñecemento ó esforzo e á vontade, co mérito de estar concedido a unha película que está nas Antípodas do cine comercial. Tómoo sobre todo como un premio ó traballo por sacar adiante este proxecto alternativo”.
Rodríguez que comentou “estar sorprendida pola boa acollida que está tendo en España” destacou que ó público que vai vela destacaríalle “que lle vai a tocar diferentes fibras. É unha película que conecta co esencial, cos oríxenes, ao mesmo tempo que é transgresora e moderna”.
Foi en 2019 cando se instaurou a concesión do Premio Eduardo Barreiros coincidindo coa celebración do centenario do nacemento do empresario e emprendedor ourensán (Gundiás, Nogueira de Ramuín, 24 de outubro de 1919 – A Habana, Cuba, 19 de febreiro de 1992). O obxectivo do galardón é recoñecer e por en valor a mellor
primeira ou segunda longametraxe de ficción do cine español. Neste caso estreada entre setembro de 2020 e setembro de 2021. Detello Bravío e Ainhoa Rodríguez únense a Celia Rico e Polo Menáguez con Viaje al cuarto de una madre e El Plan, premiados en 2019 e 2020 respectivamente.
O filme: Destello Bravío
"Vai ocorrer un flash valente e valente e todo vai cambiar ..." As mulleres dunha pequena cidade rural, suspendida no tempo e atormentada polo despoboamento, viven na apatía do seu día a día, onde non pasa nada extraordinario, e un profundo desexo de experiencias liberadoras que os fagan reconectar co lugar onde estaban felices ou soñaban con estar.