Policía Local

A policía local desfila por San Roque

Por motivo da festividade de San Roque, personalidades da policía e da política local desfilan nun acto relixioso en honor do santo.

Redacción

Ourense | 16.08.2023 12:41

A policía local desfila por San Roque. Fotografía Ramón Rodríguez | Onda Cero

Os xefes da policía local de diferentes lugares de galicia citáronse este 16 de agosto con motivo da festividade de San Roque, patrón do corpo. Un acto que comezou cun desfile protocolario encabezado por gaitas e acompañado polas campás da catedral. A procesión saía dende a praza maior ata a catedral onde foi recollida a imaxe do santo para ser trasladada ata a igrexa de Santa Eufemia onde tivo lugar un pequeño acto litúrxico para continuar a procesión de novo ata a catedral para celebrar unha misa oficiada polo bispo da diócese.

No acto participaron tamén membros da corporación local encabezados polo alcalde e da oposición.