O PP pide a creación dun Centro Cívico no barrio do Couto
O seu cometido fundamental é traballar con Programas de Información e Orientación ao Cidadán, Programas de Educación Familiar, Apoio á Unidade Convencional e Axuda a Domicilio.
O Grupo Municipal do Partido Popular defenderá no vindeiro Pleno do Concello de Ourense unha moción na que solicita a creación dun Centro Cívico no barrio do Couto que integre tamén a Unidade Interdisciplinar de Intervención Social (UNIS). Tal e como explica a concelleira popular Eugenia Díaz Abella, a Unidade Interdisciplinar de Intervención Social (UNIS) do Couto en Ourense ten como usuarios a un total de 3.300 vecinos e veciñas deste barrio, así como doutras zonas como A Carballeira, Reza, Vistahermosa, O Fonsillón, Rabo de Galo, etc, cunha poboación de referencia (potenciais usuarios) de 23.982 persoas.
O seu cometido fundamental é traballar con Programas de Información e Orientación ao Cidadán, Programas de Educación Familiar, Apoio á Unidade Convencional e Axuda a Domicilio. O personal municipal alí destinado presta asesoramento aos cidadáns afectados por problemáticas específicas, apoio ás familias en situación de carencia e axuda a personas en situación de dependencia. “Mais a situación desta UNIS conta con dúas carencias fundamentais: en primeiro lugar, en materia de Persoal (pendiente do programa de reforzo que está a xestionar a área de Recursos Humanos, logo da súa tramitación hai meses). En segundo lugar, no tocante ás instalación”, explica Eugenia Díaz Abella. “Esta eiva na súa infraestrutura é evidente.
A accesibilidade é nula e inexistente, obrigando ás traballadoras a atender ás persoas con problemas de mobilidade na propia rúa. E tendo en conta que esta instalación non é propia do Concello, senón que supón un aluguer mensual de preto de 1.200 euros”. “Por elo, é preciso reformular os servizos municipais no Barrio do Couto en materia de Política Social. Un barrio e a súa área de influencia con preto de 30.000 habitantes debe contar con servizos de calidade adaptados á nova realidade. Por iso, e atendendo ás peticións da veciñanza, tamén sería convinte crear un Centro Cívico neste barrio no que puidera estar integrada a UNIS, coa fin de centralizar os servizos e ofrecelos coa máxima calidade de atención”, recalca Eugenia Díaz Abella.