DESEMPREGO OURENSE

O paro volve subir en Outubro na provincia de Ourense en 256 persoas

O sector servizos volveu ser en Outubro o máis afectado polo desemprego e dende sindicatos coma CCOO reclaman un plan único das administracións

Jesús Álvarez

Ourense |

Oficina empleo Ourense | Páxinas Galegas

O paro incrementouse na provincia de Ourense no mes de Outubro en 256 persoas chegando a cifra de desempregados e desempregadas a 14.948 das que máis de 8686 son mulleres e máis 10.000 pertenecen ao sector servizos que novamente foi o máis afectado.

No mes anterior formalizáronse en Ourense 5780 contratos, 492 menos que no mes anterior descendendo a contratacion temporal ate o 60.5% o que dende sindicatos coma CCOO consideran "unha boa nova".

Na comparativa anual no mes de outubro deste ano teríamos 658 desempregados menos anque esto non convence a sindicatos coma CCOO que "lamentan o repunte do paro" e reclaman "políticas económicas de tódalas administracións para tentar chegar ao pleno emprego cun plan de emprego específico e rematar ca fenda de xénero".