O encoro do rio Miño en Velle na capital chegou a liberar onte 2245 metros cúbicos de auga por segundo, deixando totalmente cubertas as piscinas de oira, as termas públicas da Chavasqueira e unha parte do paseo termal. Onte pola mañá xa quedaba reaberta a rua de reza na que o pasado domingo se producía un desprendemento de terras, pedras e árbores que levou por diante unha autocaravana.
Onte tamen estivo cortado un carril da autovía das rias baixas nos accesos á capital por desprendementos e outros viais entre Vilela e A Pousa no val de Monterrei, tameén entre Tamaguelos e San cibrao en Oímbra e a estrada ou 305 en A foz no Ribeiro. Nesa zona a crecida do rio Arnoia deixou áreas recreativas inundadas, pontes estragadas e algún baixo de vivendas anegado.
No Carballiiño a suba do Arenteiro provocou tamén danos, entreles un socavon nunha estrada que comunica co centro de saúde.