Concello de OurenseOurense moderniza as súas canchas multixogos coa inauguración dunha nova instalación no barrio da Cuña
O investimento, de 31.152,24€ euros, permitiu a reconversión da cancha da Cuña nun novo complexo multixogos no barrio, para o fomento do deporte ao aire libre. A obra remodelou o recinto a carón do Centro Sanitario de Atención Primaria, incorporando equipamentos para novos deportes e mellorando o confort dos usuarios.
Esta obra súmase ás recentemente terminadas no parque da A6, no barrio de Barrocás, e no barrio da Ponte, xunto ao centro cívico. Obras que forman parte do plan da Concellería de Medio Ambiente, que ten como obxectivo a execución de 10 actuacións no conxunto dos barrios de Ourense para o fomento do deporte ao aire libre dos cativos e non tan cativos da cidade.
Óscar Gómez
Ourense | 24.01.2022 08:09