Ourense Cidade

O PP de Ourense escoita ás persoas maiores para dar resposta as súas necesidades

O encontro contou coa participación da presidenta da Xestora Local do PP de Ourense, Ana Méndez, xunto con dous ponentes especializados e unha charla–coloquio aberta á participación do público.

Onda Cero Ourense

Ourense |

O PP de Ourense escoita ás persoas maiores para dar resposta as súas necesidades | Onda Cero

O Partido Popular da cidade de Ourense celebrou este venres no Centro Cultural Marcos Valcárcel o foro “Vivir máis. Vivir mellor! Lonxevidade e calidade de vida”, unha xornada de reflexión e diálogo centrada en escoitar, atender e dar resposta ás necesidades reais das persoas maiores, nun contexto no que a lonxevidade supón un dos grandes retos sociais do presente e do futuro.

O encontro contou coa participación da presidenta da Xestora Local do PP de Ourense, Ana Méndez, xunto con dous ponentes especializados e unha charla–coloquio aberta á participación do público.

Ana Méndez destacou a importancia de crear espazos de escoita activa para coñecer de primeira man as necesidades, preocupacións e propostas das persoas maiores, subliñando que a política debe comezar sempre por estar preto da xente.

“Este foro é só o primeiro paso dun camiño que o Partido Popular quere seguir percorrendo da man das persoas maiores”, sinalou a presidenta da Xestora Local. Neste senso subliñou tamén a vontade do partido de contar con toda a cidadanía para construír un modelo de cidade pensado para todos, no que as persoas maiores se sintan acompañadas e valoradas, e no que tamén os máis novos atopen oportunidades e futuro. “Queremos unha cidade na que, desde o máis maior ao máis novo, se sintan representados e poidan sentir Ourense como o seu fogar”, afirmou.

A xornada completouse cunha charla–coloquio baixo o título “Entendendo as necesidades da xente maior”, na que se promoveu a participación activa do público asistente e se puxo en valor a importancia de escoitar ás persoas maiores para deseñar políticas e iniciativas útiles, realistas e centradas no benestar