Ourense celebra a primavera coa sétima edición do Concurso de Pinchos
Medio cento de establecementos presentan as súas propostas gastronómicas, que rondarán entre os 2,50 e os 3,50 euros.
Organizado pola Concellería de Turismo e Termalismo e desenvolvido pola Unión de Hostaleiros de Ourense (UHO), preténdese achegar e dar a coñecer a riqueza gastronómica da cidade e as distintas propostas dos establecementos hostaleiros entre os cidadáns e visitantes
Serán 50 os locais participantes nesta edición, na súa maioría emprazados no Centro Histórico (29), pero tamén no Ensanche (8), na avenida de Bos Aires (4), no barrio de San Francisco (3), na zona universitaria (2), na Ponte (2), na zona do Hospital (1) e no Couto (1). A diferenza do concurso de outono, que debe estar feito a base de produtos locais de tempada, o de primavera é de temática libre. Como novidade máis salientable, ningún pincho participante poderá ter un prezo de venda inferior aos 2,50 € nin superior aos 3,50 € (IVE incluído).
A organización do concurso designará unha comisión avaliadora, formada por persoas do sector da hostalaría ou gastronomía, que pasará polos establecementos para seleccionar os 8 pinchos finalistas que competirán na final da categoría do Xurado Profesional. Esta celebrarase o luns 8 de maio no Centro Comercial Ponte Vella, cando os establecementos finalistas deberán cociñar en directo ante o xurado profesional.
Concederanse os seguintes premios:
3 premios do Xurado Profesional
1 accésit do Xurado Profesional ao pincho máis creativo
1 premio do Público
1 premio Pincho Celíaco
Participar ten premio
Coma en edicións anteriores, poderase participar na elección do premio do público votando con papeletas seladas por catro establecementos participantes. Non hai limite na participación por cliente, e os premios van desde vales de compra a produtos típicos proporcionados polas entidades colaboradoras.
Toda a información na pagina web [[LINK:EXTERNO||||||https://saboresdeourense.turismodeourense.gal/]]