Ourense asenta as bases do fomento do Atletismo
Desenvolveuse o pasado sábado o I Meeting Internacional de Ourense baixo unha gran espectación e importante número de público asistente, que disfrutou da actuación dalgúns e dalgunhas das grandes atletas de rango internacional do panorama atlético actual.
Malia que se trata da primeira edición, compre destacar o gran traballo organizativo levado a cabo por todas e todos cantos se involucraron nesta organización así como o gran apoio institucional dispensado pola Xunta de Galicia, Concello e Deputación de Ourense, quenes sentaron as bases para facer deste Meeting un gran proxecto de futuro.
Bos rexistros
A nivel de rexistros lográronse nada menos que un total de 23 mellores marcas personais e interesantes disputas como a protagonizada na final dos 60 m. entre as hispanas Jael Bestué e Maria Isabel Pérez con triunfo na final para a primeira con 7.30. Sobre a distancia raiña da velocidade indoor destacaron as mellores marcas personais logradas polas galegas Arancha Vázquez, Alma Bello e Alba Comesaña.
A gran atracción galega situábase no lanzamento de peso ca participación da olímpica e plusmarquista de España Belén Toimil quen lanzaba ata os 16.85 m. sobre un círculo que daba o triunfo final á lanzadora portuguesa Eliana Arruda con 18.29 m.
No resto de concursos, triunfo para o catalán Artur Coll en pértega quen aproveitaba o seu paso por Expourense para lograr unha das MMP con 5.51 m. No foso de lonxitude, dominio claro da saltadora vasca e semifinalista no europeo de Munich, Irati Mitxalena quen chegaba ata os 6.39 m.
Bo comezo de ano para Jacobo Soler nos 400 marcando o terceiro posto da proba con 47.39 nunha carreira gañada por Markel Fernández con 46.37.
Outro dos galegos que tomaban parte no meeting era o internacional Hugo Vázquez sobre os valos, rematando na terceira posición por debiaxo dos oito segundos con 7.98. O gañador da proba foi finalmente o semifinalista mundial portugués Abdel Kader Larrinaga con 7.85.
No medio fondo e fondo o olímpico ugandés Tom Dradriga facíase co primeiro posto nos 800 m. con 1:46.48 sendo a francesa Adele Gay quen facía o propio sobre a distancia dos 1.500 m. cun rexistro de 4:18.58 e onde as galegas María Estévez, Paula de la Torre, Sandra Mosquera, Begoña Domínguez, así como Ero Doce sobre os 800 m., lograban a súa mellor marca personal.