Ourense Cidade

Ourense acollerá un congreso sobre prevencion de consumo de cannabis

Reunirá na cidade profesionais e estudiantes dos ámbitos sanitarios, xudicial ou educativo, para dar resposta aos problemas derivados do consumo, que experimentou un gran auxe nos últimos anos.

Óscar Gómez

Ourense | 30.01.2023 13:10

Ourense acollerá un congreso sobre prevencion de consumo de cannabis | onda cero

A cidade de Ourense será a sede do IV Congreso Internacional sobre prevención, tratamento e control do consumo de cannabis e os seus derivados: abordaxe na adolescencia e desde a perspectiva de xénero, que se desenvolverá do 23 ao 25 de novembro deste ano no Auditorio Municipal.

O alcalde Gonzalo Pérez Jácome recibiu no Concello a Manuel Isorna, profesor da Universidade de Vigo e promotor do evento, que converterá Ourense na cidade de referencia neste ámbito a nivel internacional. O Concello colaborará no congreso, achegando as instalacións do Auditorio como sede para a súa celebración. O Congreso contará tamén coa colaboración da Xunta de Galicia, a Sociedade científica española de estudios sobre o alcohol, o alcoholismo e as outras toxicomanías, Socidrogalcohol, a Universidade de Vigo, o Ministerio de Sanidade e a Deputación Provincial de Ourense, entre outras entidades.

O congreso, que se realizará nas modalidades presencial e en liña, é unha iniciativa científica que pretende aglutinar a profesionais sanitarios, do ámbito xudicial e da educación, estudiantes das ramas sociosanitarias e a todas aquelas persoas interesadas nesta temática, para dar resposta aos problemas derivados do consumo de cannabis, fenómeno que experimentou un gran auxe nos últimos anos.

O evento pretende abordar esta problemática desde unha perspectiva de xénero, intentando evitar o androcentrismo habitual no estudio das condutas adictivas e, por outra banda, abordar na medida do posible o consumo e as súas consecuencias sobre o cerebro e o estilo de vida na adolescencia.