Hockey

Ourense acolle a final a 4 da copa Galicia masculina e femenina de hockey

A Copa Galicia Final 4 reúne aos catro primeiros clasificados das ligas Galega de Primeira División Masculina e Feminina na disputa da Copa Galicia.

Óscar Gómez

Ourense | 09.05.2023 09:02

Ourense acolle a final a 4 da copa Galicia masculina e femenina de hockey | onda cero

O torneo dispútase en semifinais o sábado 13 e as finais e partidos polo bronce o domingo 14. Ademais entregásense tamén os trofeos de máximo goleador e goleadora das ligas regulares. Ourense e as instalacións de Mariñamansa acollen de novo un evento de nivel, converténdose no centro do hóckey galego, que serve tamén como preparación dos clasificados para as fases de ascenso á División de Honra.

O calendario de partidos da Copa Galicia sería o seguinte:

Sábado 13 Maio

11:00 Semifinal Feminina 2º vs 3º: At. Coruña HC – CH Albor

13:00 Semifinal Masculina 1 vs 4º: Santo Cristo – Escola Hockey A Coruña

15:00 Semifinal Femenina 1º vs 4º: Villar Ourense – Atlántico Vigo HC

17:00 Semifinal Masculina 2º vs 3º: CH Albor – Cidade de Ourense

Domingo 14 Maio

9:00 Partido 3º vs 4º Feminino

10:30 Partido 3º vs 4º Masculino

12:00 FINAL FEMININA

13:30 FINAL MASCULINA

14:45 ENTREGA TROFEOS