InfraestructurasAs obras de mellora e humanización en Pereiro de Aguiar comenzarán en outono
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de asinar o contrato polo que se adxudican as obras de mellora e humanización da capitalidade do concello do Pereiro de Aguiar. Desde xeito, este mesmo outono a empresa adxudicataria pode iniciar os traballos.
Esta obra, adxudicada por un orzamento de 120.000 euros, permitirá que o ámbito delimitado pola rúa Grande, a praza do Concello e o camiño Baralongo teña un aspecto renovado e integrado coa paisaxe, ademais de ser unha zona moito máis funcional, aberta e accesible aos veciños.
Óscar Gómez
Ourense | 02.11.2021 08:06