SUCESOS

Novo susto por un lume nunha parcela "okupada" a carón da estación de tren

Os bombeiros de Ourense tiveron que sofocar un novo incendio nunha das zonas da estación okupada por persoas indixentes

Jesús Álvarez

Ourense | 29.08.2024 10:48

Columna de fume detrás da estación ferroviaria de Ourense | Onda Cero Ourense

Un lume na tarde de onte nunha das naves okupadas de Renfe na rua Rio Arnoia da capital ourensán volvía a sobresaltar á veciñanza do barrio do Vinteún. Ate o lugar se desplazaron bombeiros de Ourense para sofocar as lapas nunha parcela anexa a un antiguo taller mecánico sen que se produciran danos persoais.

A fumareda fixose visible dende boa parte da cidade.

Por agora descoñécense as causas do lume anque veciños da zona están a denunciar que este tipo de incidencias comezan a ser frecuentes na zona frecuentada por persoas indixentes