Ciclismo

Nova edición da Challenge “Os 4 días de Ourense” en Semana Santa

A proba, que se celebrará entre o 6 e o 9 de abril, partirá diariamente de Baños de Molgas e atravesará os concellos de Maceda, Vilar de Barrio, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas e Taboadela.

Óscar Gómez

Ourense | 23.03.2023 13:38

Nova edición da Challenge “Os 4 días de Ourense” en Semana Santa | Youtube

redor de 300 ciclistas participarán do 6 ao 9 de abril nunha nova edición da Challenge “Os 4 días de Ourense”, unha proba organizada pola Fundación ADO Moure e a Deputación de Ourense, coa colaboración pública da Xunta de Galicia.

A nova edición desta proba ciclista foi presentada esta mañá no Pazo Provincial, contando coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Baños de Molgas, Xaime Iglesias; o xefe de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Fundación ADO Moure, Carlos Moure; o representante do Grupo La Región, Jorge Villarino; e o xerente de Toyota Ourense, Pablo Pérez.

A proba constará de 4 etapas cun percorrido medio de 70 quilómetros, partindo diariamente de Baños de Molgas e atravesando tamén os concellos de Maceda, Vilar de Barrio, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas e Taboadela. Segundo estima a organización da Challenge “Os 4 días de Ourense”, dos 300 ciclistas inscritos nas sete categorías en modalidade masculina e feminina participarán, de media, uns 150 en cada unha das catro etapas.