Os “e-sports” da Ourense ICC Week apagaron os motores proclamando ao piloto Nico Romero como campión do Torneo invitacional Top Simracing (ITS ICC Ourense) nunhas mangas moi disputadas. O acompañaron no podio o segundo clasificado o italiano Valerio Gallo e o terceiro, o chileno ángel Inostroza.
Esta competición foi, sen dúbida, a estrela destes días de encontro co amplo mundo dos xogos electrónicos. Os gañadores disputaron o primer premio de 1.000 euros nunha competición a catro mangas con Carlos Salazar, Fernando Perpiñán “Perpi”, Pol Urra, e o ourensán Manuel Pérez. Como mestre de cerimonias estivo presente Lucas Ordóñez, de raíces ourensáns, e piloto español de automobilismo tras ganar a primeira edición da GT Academy.
Ademais do sorteo de dúas PS5, os asistentes disfrutaron coa exposición de consolas retro da Fundación do Museo do Videoxogo de Cangas e co traballo que está levando a cabo o artista urbán Mon Devane: un mural cunha nena que leva nas mans o mítico coche creado por Estanislao Reverter, o Alpinche, imaxe desta oitava edición da Ourense ICCWeek 2022.
Mañá musical
Os xardíns do Padre Feijóo foron o escenario dunha sesión vermú, que ofreceu ao público asistente un abano de estilos musicais diferentes. Amaro Ferreiro iniciou as actuacións coa súa guitarra e interpretou temas do seu último traballo “Personajes secundarios”. Aínda que o momento de maior complicidade cos asistentes chegou co tema “Turnedo”, do que é autor e a canción mais coñecida do seu irmán Iván Ferreiro.
Os granadinos de Colectivo Da Silva, “que son sete, por agora”, foron os segundos. Fixeron bailar aos presentes co seu ritmo e confirmaron que “o licor café que tenéis es lo mejor”. O remate da xornada tivo coma protagonistas aos ourensáns Tandub, que á música engadiron outra arte: a pintura en directo.