O Psoe denuncia o demantelamento do antigo edificio do CIMM

Natalia González asegura que Jácome "utilizou a escusa do gas radón" para deixalo nas Lagoas

O Grupo do Psoe no Concello de Ourense cree que Jácome quere "facer co emblemático edificio do CIMM o mesmo que fixo co Lusquiños e o Museo"

Jesús Álvarez

Ourense | 26.08.2024 09:13

Alba Iglesias, Natalia González e María Fernández (Rolda balance 2024) | onda cero Ourense

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Ourense acusou ao goberno de Democracia Ourensana de utilizar as obras de eliminación do gas radón do edificio do Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM) no barrio do Couto coma "a escusa perfecta para desmantelar outro servizo municipal e pechar un inmoble emblemático" que puxera en marcha o bipartido formado por Psoe e BNG.

Os e as socialistas veñen de denunciar que teñen "confirmado" que o traslado que se fixo deste servizo a un local municipal da Lagoas semella que será "definitivo" malia que os grupos da oposición (a instancia do psoe) o que pediron nun pleno foi que se fixeran as obras para eliminar o radn e se buscase unha ubicación ´"temporal".

Para a voceira do psoe no concello de Ourense Natalia Gonzáles "non pode permitirse que a antiga sede do CIMM pase a ser outro edificio municipal abandoado e pechado coma o Espazo Lusquiños ou o Museo municipal polos caprichos do alcalde Gonzalo Pérez Jácome".