DEPUTACIÓN OURENSE

As mulleres rurais homenaxeadas na iniciativa "8 M, mes a mes"

A institución provincial escolleu á labrega Isolina Morais Domínguez coma representante das mulleres rurais para recoñecer o seu traballo ao longo da historia

Jesús Álvarez

Ourense |

Lina Morais, unha das mulleres rurais homenaxeadas na iniciativa "8 M, mes a mes" | Deputación Ourense

A Deputación de Ourense adica este 8 de Outubro ao recoñecemento das mulleres con profesións altamente masculinizadas ou de gran relevancia ao longo da historia na iniciativa "8 M mes a mes". O lema seleccionado neste mes é “Sementando raíces, colleitando forzas”.

Nesta ocasión, a iniciativa impulsada dende a Área de Igualdade da institución provincial, aposta polas "mulleres rurais" adicadas ao traballo no campo e coma representante do colectivo seleccionou a Isolina Morais Dominguez "Lina", labrega de Terroso (Vilardevós) que ademáis rexenta a sua propia tenda “A Horta da Lina” na Praza de Abastos de Ourense.

Lina comezou con producción de "autoconsumo" e leva xa máis de tres anos convertida en emprendedora "tentando producir e comercializar productos de calidade e de maior seguridade alimentaria" para a poboación.