Na tarde do pasado venres a mostra “Os nosos entroidos” superou a barreira das dez mil visitas. Este feito produciuse a poucos días de cumprirse os tres meses de vida, dende que se abrira ao público o 17 de marzo deste ano, na Sala Valente, situada na rúa do Paseo.
Para os organizadores da mostra é unha satisfacción que “os traxes e personaxes do entroido ourensán se convertesen na exposición máis visitada que pasaron polas salas ou museos do Concello de Ourense.
Lucía Fernández Vázquez e o seu pai recibían onte de mans do alcalde Gonzalo Pérez Jácome un recordatorio deste fito, unha máscara de porcelana elaborado polo oleiro Agustín, de Niñodaguia, Xunqueira de Espadanedo.