Conmoción en Ourense polas consecuencias mortais do temporal acontecido no levante español. Na capital foron convocadas concentracións diante do Concello de Ourense (na imaxe) e da Deputación para expresar a solidaridade coas vitimas e as familias dos máis de 60 falecidos. As concentracións foron convocadas de "urxencia" atendendo o chamamento da Federación Española de Municipios e Provincias. Nelas gardouse un minuto de silencio que culminou nun sonoro aplauso.
Dende o parlamento galego en Compostela tamén trasladaban esta mañá unha mensaxe de alento ás familias das vítimas desta traxedia e tamén o presidente da Xunta Alfonso Rueda ofrecía medios técnicos da comunidade para colaborar na catástrofe recibindo o respaldo da lider da oposición, a nacionalista Ana Pontón quen nunha comparecencia tamén quixo trasladar a sua consternación e vontade de colaboración cas familias afectadas. A comparencias dos lideres políticos galegos ante a magnitude da Dana que afectou ao País Valenciá producíase pouco despós dunha declaración institucional do presidente do goberno, o socialista Pedro Sánchez que brindou toda a colaboración do estado.