Atletismo

Mínimas olímpicas, títulos e medallas nunha fin de semana moi positiva

Fin de semana excelente para o atletismo galego nos distintos Campionatos de España desenvoltos ao longo desta fin de semana.

Óscar Gómez

Ourense |

Mínimas olímpicas, títulos e medallas nunha fin de semana moi positiva | onda cero

Do total de 36 atletas galegos participantes lográronse catro medallas, un récord galego absoluto e cinco postos de finalistas. As medallas viñeron da man das claras favoritas ao título Ana Peleteiro e Belén Toimil.

A de Riveira moi motivada diante do seu público, conseguía o seu oitavo título indoor sobre o foso de triplo no que arriscou na procura dun bo rexistro. Este viña no cuarto intento no que alcanzaba os 14.32 m. que representan a mellor marca do ano. Ademáis esta medalla deixa unhas moi boas sensacións de cara ao gran obxectivo de lograr a marca mínina olímpica.

Pola súa banda Belén Toimil dominaba claramente o concurso de peso no que se proclamaba campioa de España por cuarta vez consecutiva cun excelente lanzamento de 18.23 m. Esta marca é o mellor rexistro nuns campionatos de España que sen lugar a dúbidas, deixan moi boas sensacións á nosa olímpica de cara a tempada de aire libre.

A outra medalla tivo en Saleta Fernández a súa protagonista. A de Monforte mantivo un reñido concurso ca gañadora Una Stancev quen nos último saltos superaba os 1.84 m., dous centímetros máis que Saleta, quen finalmente lograba a medalla de prata. Suma e segue para a nosa plusmarquista galega que logra un podio indoor por sexta vez nun nacional.

Adrián Ben, nunha emocionante final dos 800 m. era o cuarto dos galegos que lograba unha medalla en Ourense. Nunha carreira gañada polo campión mundial Mariano García de maneira clara, tanto Adrian Ben como Mohamed Attaoui mantiveron unha trepidante loita pola prata que finalmente foi parar ao atleta malagueño por tan só dúas centésimas e que deixaban ao de Viveiro cun rexistro oficial de 1:47.83.

A maiores excelente campionato para Jacobo Soler quen nas semifinias dos 400 m. lograba o segundo mellor tempo dos participantes cun extraordinario crono de 47.01 que representan un novo récord galego absoluto PC. Xa na final e cos deberes feitos, remataba 5º con 47.39 presaxiando unha excelente tempada de aire libre.

A final dos 3.000 m. trouxo excelentes resultados para os galegos. A campioa galega Laura Santos lograba unha boa quinta posición cun crono de 9:16.48 confirmando a súa importante progresión, pola súa banda Mehdi El Nabaoui do At. Santiago convertíase noutro dos finalistas con 8:21.66 e o sexto posto do nacional.

Xa nos concursos, Sergio Coello colleitaba igualmente posto de finalista na lonxitude como xa fixera o ano pasado en Madrid . Con tan só tres saltos válidos, o atleta do Celta chegaba ata os 7.08 m. que lle daban a oitava posición.

Mención especial para o atleta internacional venezolano con ficha por Galicia, Gerson Vidal Izaguirre quen “revalidaba” o terceiro posto -sen dereito a medalla-, no concurso de combinadas sumando un total de 5.860 puntos

Ester Navarrete, campioa de España e mínina olímpica

O outro foco de atención para o noso atletismo estaba situado en Sevilla onde se disputaba o Campionato de España de maraton con presenza de catro galegos e galegas.

Sen lugar a dúbidas a noticia saltaba na categoría femina na que a internacional Ester Navarrete no seu debut da proba, lograba o título nacional establecendo un rexistro de 2h.24:40 que supón nada menos, que a segunda mellor marca feminina da historia. Si todo esto fora pouco, a gran recompensa foi a marca mínima olímpica para tomar parte en París-24, todo un soño convertido en realidade.

No resto de actuación, 19º Manuel Lorenzo (Pinarium) con 2h.22:39; 25º para Victor Poyuelo (Vicky Foods) con 2h.24:15 e 51º para Jordi Carrasco (Pinarium) con 2h.29:53