Municipal

Miguel Michinel: "Jácome xa foi recibido por Rueda antes das eleccións e agora é victimismo"

O edil do PP pasou polos micrófonos de Más de Uno Ourense.

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense | 11.09.2024 11:53

O edil do PP no Concello de Ourense, Miguel Ángel Michinel dixo hoxe en Onda Cero que a petición de entrevista do Alcalde co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, é un caso máis de victimismo e que o presidente do executivo galego xa o recibíu antes das eleccións. Engadíu que si a entrevista chega a producirse o Alcalde debería levar entre os asuntos a tratar a mellora das relacións institucionais.

Sobre o proxecto de prantación de 14 mil novas árbores dixo que os populares xa presentaron con anterioridade unha moción sobre refuxios climáticos que Jácome "ridiculizou" e que si o rexidor municipal quere dar exemplo de que lle preocupan as árbores debería comezar polas que xa hai.

O edil popular tamén abordou en Más de Uno asuntos como o da seguridade nos barrios sinalando que non queren dar a mensaxe de "preocupación", pero si de que "hai un claro incremento de determiñadas conductas delictivas".

A posibilidade de orzamentos municipais, o futuro das pisciña termal de As Burgas ou si o salario do Alcalde é ou non compatible coas suas percepcións como empresario foron tamén asuntos tratados na entrevista.