O presidente da Deputación de Ourense recibiu no Pazo Provincial ao equipo júnior mixto do Club Ximnasia Pavillón Ourense, que vén de conseguir un éxito deportivo sen precedentes para a provincia: a medalla de ouro na 17th Academic Cup / IFAGG Trophy, celebrada en Bulgaria, trunfo que consegue na súa primeira competición a nivel internacional.
Ao encontro na Deputación acudiron os oito membros do equipo gañador, acompañados pola presidenta do club, Carmen Blanco, e a adestradora, Raquel Dafonte, destacando os novos deportistas que este éxito “é froito de moito traballo, esforzo, adestramentos de tres horas diarias e de marcarse obxectivos”
O presidente da Deputación felicitou ao club polo traballo, a disciplina e o talento que sitúan a Ourense no mapa deportivo mesmo mundial. Unha provincia, dixo, “que pode presumir de importantes resultados deportivos en moitas disciplinas”.