Ourense |
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, informou das melloras en materia de seguridade na liña ferroviaria ó seu paso pola cidade de Ourense e pola localidade lucense de Sarria.
Serán suprimidos 7 pasos a nivel nos que o ADIF investirá 7 millóns de euros.
Blanco salientou a importancia destas obras na sua visita a Peliquín declarando que “as solucións mellorarán a permeabilidade transversal nestas localidades e incrementarán as condicións de seguridade para a mobilidade”.
Ademáis de no paso a nivel de Peliquín as obras previstas abranguen tamén ó paso de Tarascón.