Manuel Pardo louva a eficacia do dispositivo contra os incendios forestais na provincia de Ourense
O delegado territorial recalcou que o éxito do dispositivo pivota sobre catro elementos fundamentais, os medios humanos, os de carácter técnico, as infraestruturas e as medidas de prevención.
Onda Cero Ourense
Ourense |
Manuel Pardo louva a eficacia do dispositivo contra os incendios forestais na provincia de Ourense | onda cero ourense
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, manifestou que dende o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro do 2024 houbo na provincia de Ourense un total de 283 lumes que afectaron a 1.236,51 ha, das que 987,21 se corresponderon con superficie rasa, e 249,30 arborada; sendo estes os números máis baixos da última década na provincia.
O delegado territorial volorou e agradeceu o labor do persoal enviado pola Xunta para apoiar os damnificados da DINA en Valencia, pois parte dos efectivos desprazados forman parte do Servizo de Prevención e defensa contra incendios forestais (SPIF), amais dos vehículos todoterreo mobilizados pola Consellería do Medio Rural.
Manuel Pardo louva a eficacia do dispositivo contra os incendios forestais na provincia de Ourense | onda cero ourense
Manuel Pardo destacou que o que atinxe ao período de alto risco (entre xullo e setembro), o número de incendios foi o máis baixo da serie histórica, con 71 en total no conxunto de Galicia e 1.407 hectáreas ardidas. Salientou tamén a progresión descendente rexistrada neste período nos últimos anos, xa que nos últimos cinco anos pasouse de algo máis de mil incendios a practicamente a metade (521 rexistros, contemplando tamén conatos e queimas) e de preto de 14.000 hectáreas afectadas a menos de 2.000).
Client Challenge
A required part of this site couldn’t load. This may be due to a browser
extension, network issues, or browser settings. Please check your
connection, disable any ad blockers, or try using a different browser.
Client Challenge
A required part of this site couldn’t load. This may be due to a browser
extension, network issues, or browser settings. Please check your
connection, disable any ad blockers, or try using a different browser.