Os máis de cen actores que protagonizan desde hai anos O Pobo Fantasma de Chaioso volverán estar por segundo ano consecutivo en Halloween na Noite do Medo de Ourense, o 31 do vindeiro mes de outubro. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta semana no Concello ao equipo que organiza a tradicional festa de Chaioso, para avanzar nos preparativos da súa participación na Noite do Medo de Ourense.
O goberno municipal aposta por consolidar o 31 de outubro nunha espectacular cita festiva na cidade, e asegura que “seguimos traballando nunha Noite do Medo de ensoño”.