Máis de 1200 alumnos de toda Galicia participaron nesta nova edición do OUFF Escola
“Tiempos Modernos” do Colexio Galén de Lugo gañou o primeiro premio na categoría de Infantil e Primaria. En outros niveis de ensino non universitario, os gañadores foron o IES A Cachada de Boiro coa peza “Sálvora”
O OUFF Escola xa coñece aos gañadores da décimo segunda edición do certame educativo que organiza a Concellaría de Educación do Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o OUFF (Ourense Film Festival). Un total de 45 traballos foron presentados a esta edición de 2021, contando coa participación de máis de 1200 alumnos e alumnas de toda Galicia. Os traballos chegaron dende tódalas provincias galegas, especialmente dende a da Coruña e a de Pontevedra e cunha importante participación ourensá.
Os membros do xurado desta edición foron Nora Sola, xornalista, empresaria e ex directora do Festival Internacional de Cine de Ourense. Presidenta do xurado OUFF Escola 2021; César Silva: xornalista e coordinador de programación do OUFF; Fernando González: actor, músico e compositor; Manoli Maseda: doctora en Educación e actual coordinadora en Dinamización da Política Línguística; e Gregorio Ferreiro Fente: profesor de Secundaria e actual asesor da Secretaría Xeral de Política Língüística da Xunta.
O acto estivo presentado, ao igual que en ocasións anteriores, polo propio Fernando González, membro do xurado. A gala OUFF Escola tamén contou coa asistencia de Judith Fernández Nóvoa, xefa territorial de Cultura, Educación e Universidade en Ourense; César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense; e Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Tamén acudiron os membros do xurado Manoli Maseda, Nora Sola e César Silva. Nora, como presidenta do xurado, destacou “o labor formativo do Festival e a importancia deste evento e a súa longa traxectoria que, inda que este ano se desenvolveu en formato telemático, conseguiu motivar a moitos mozos para que participasen presentando os seus traballos audovisuais”. Para finalizar a gala, proxectáronse as películas gañadoras desta edición.
Así, os gañadores deste XII Certame de Cinema OUFF Escola son:
Infantil e Primaria:
● 1ª “Tiempos Modernos” do Colexio Galén de Lugo
● 2º “Dona Landra no río revolto” do CEIP A Pedra de Bueu
● 3ª “O meu barquiño” do CEIP Otero Novas de Cortegada
● Guión: ”10 Euros” do CEIP O Couto de Ourense
● Mención Especial para CAD a Pobra da Pobra do Caramiñal pola calidade dos traballos presentados.
Outros Niveis de ensino non Univesitario:
● 1º “Sálvora” do IES A Cachada de Boiro.
● 2º “As derradeiras” do IES Praia Barraña de Boiro.
● 3º “Fronteiras” do IES Xesús Taboada Chivite de Verín.
● Guión: “Serendipia” do IES de Meaño, Pontevedra.
Talleres e proxeccións para completar a programación
Pero inda queda máis OUFF Escola por diante. Mañá, martes, haberá un obradoiro de dobraxe para Secundaría de 10 a 13 horas co título "Dobraxe na escola" no Centro Cultural Marcos Valcárcel, e a proxección da película La gallina Turuleca no Auditorio Municipal, con seis colexios. O mércores 29, será a quenda do obradoiro “Creación de curtametraxes" e a proxección de La Sala de Cristal no Auditorio Municipal, con tres colexios. Finaliza esta edición do OUFF Escola co obradoiro de "Creación de cinema".