Municipal

Luis Seara:"O PP non quere verse retratado nunha moción de confianza a Jácome".

O voceiro nacionalista pasou por Más de Uno Ourense.

Óscar Gómez | Paco Sarria

Ourense | 10.09.2024 13:09

O voceiro municipal do Bloque Nacionalista Galego no concello de Ourense, Luis Seara, dixo en Onda Cero que o Alcalde, Pérez Jácome seguirá gobernando a golpe de modificacións de creto por que "non ten ningún interese en discutir un borrador de orzamentos coa oposición" e por que "o PP segue manténdoo por que non quere verse retratado na foto dunha moción de confianza".

Seara pasou polos micrófonos de Más de Uno Ourense onde tamén calificou de "extrema gravidade" as declaracións sobre presunta corrupción na concellería de urbanismo formuladas estos días por un promotor inmobiliario, polo que pide ó goberno local que non mire para outro lado e convoque unha moción de investigación.

Seara tamén abordou outros asuntos como a petición da entrevista do Alcalde co presidente da Xunta, sinalando que é partidario sempre que non sexa para xustificarse e si para plantexar demanda de proxectos.