Unha industria na que, tal e como lembrou, Galicia foi pioneira ao aprobar a Lei de aproveitamento lúdico de augas termais que está a impulsar un crecemento ordenado e seguro deste sector.
Lorenzana recibía ao presidente do Grupo Ibereólica Renovables, Gregorio Álvarez, cuxa empresa está a impulsar un proxecto para a construción dun hotel balneario na ribeira do río Miño en Ourense. O encontro serviu tamén para explicar a tramitación ante a Consellería de Industria deste tipo de recursos que empregan as augas mineromedicinais e o seu aproveitamento en proxectos turísticos relacionados con augas termais.