Maios

Os Lolailos e Silvia Pinha obteñen os primeiros premios do concurso de maios

O premio ás mellores coplas foi para Bernardo J. Marques na categoría de persoas adultas e para A. C. Nova fronteira na infantil. 41 maios expuxéronse na rúa o Paseo

Óscar Gómez

Ourense | 08.05.2023 07:43

Os Lolailos e Silvia Pinha obteñen os primeiros premios do concurso de maios | onda cero

O concurso de maios e coplas convocado polo Concello de Ourense pola Festa dos Maios 2023 xa ten gañadores. O xurado, logo de avaliar os traballos realizados polos diferentes participantes (41 maios en total) e escoitar as coplas, acordou conceder os seguintes premios:

Premios Maios artísticos:

1º Premio 900€. Peto das ánimas da Arnoia. Os Lolailos

2º Premio 700€ Sementando patacas. Óscar López González

3º Premio 500€ Gaiteir@s de Velle

Premios Maios tradicionais:

1º Premio 600€ Maio Ínfimo. Silvia Pinha

2º premio 400€ IES 12 de Outubro

3º Premio 300€ A.C. Auriense

Premios maios infantís:

1º Premio 300€ Maio Bubuxas. Silvia Pinha

2º Premio 200€ O Maio da Ponte. ANPA da Ponte

3º Premio 100€ Maio da Galleira crianzas. Alba Quevedo

Premio mellores coplas: 300€ Maio sempre maio. Bernardo J. Marques

Premio mellores coplas infantís: 300€: O maio dos cantapoliños (A. C. Nova fronteira)

Ademais, o Concello concederalle unha axuda pola participación de 300€ a todos os Maios presentados.

O xurado deste ano estivo formado por Susana Gómez Valencia, Manuel Brañas Méndez, Laura Pacios Camba e Mónica Fernández Valencia, representante do Concello con voz e sen voto, como secretaria, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome como presidente.