MÁS DE UNO OURENSE

Localizado o conductor que se deu á fuga en Verea tras deixar tres persoas feridas

O suposto responsable do sinistro viario foi localizado pola Garda Civil en Xinzo de Limia grazas á colaboración cidadá

Jesús Álvarez

Ourense | 28.08.2024 09:33

O vehículo do conductor fugado en Verea foi localizado en Xinzo de Limia | Garda Civil Ourense

A Garda Civil de Ourense localizou en Xinzo de Limia a un conductor que o pasado 22 de Agosto déuse á fuga a gran velocidade na localiade ourensán de Verea tras colisionar contra un vehículo no que viaxaba unha familia con dous nenos resultando feridos leves ambos menores e a sua nai.

Os axentes agradeceron a valiosa colaboración cidadá para localizar ao conductor do vehículo que impactou ca furgoneta violentamente e se desentendeu do sucecido o que pode comportarlle penas que van dende os seis meses ate os catro anos de cadea, ademáis da prohibición de conducir durante outros tantos anos de demostrarse un caso de imprudencia.

Sinalan dende a benemérita que estas actitudes “tan reprochables socialmente” están tipificadas coma "graves" no código penal tanto “por omisión do deber de socorro coma por abandoar o lugar do sinistro viario”.

O turismo que supostamente provocou o suceso era un Ford Mondeo de cor granate que foi descuberto grazas a un video grabado posteriormente por un cidadá xa que no lugar dos feitos non foi posible tomarlle a matrícula.