EXPLOTACIÓN SEXUAL

Liberadas vinteunha mulleres vítimas da explotación sexual con cinco detidos en Ourense e un en A Coruña

O operativo entre Policía Nacional e Interpol levouse a cabo con colaboración dunha vítima. As mulleres eran obrigadas a prostituirse en pisos.

Jesús Álvarez

Ourense | 01.10.2024 14:19

Operación policial contra a explotación sexual | Onda Cero

Axentes da policia nacional con colaboración de Europol lograron liberar a vinteunha mulleres vÍtimas da explotación sexual en pisos de prostitución. De momento confirmanse nove detidos en varios puntos de España onde o grupo criminal tiña ramificacións. Dos detidos seis foron en Galicia, cinco deles en Ourense e outro en A Coruña. A policía practicou rexistros tanto en Ourense coma en Lugo.

As mulleres, que se atopaban en situación de vulnerabilidade, eran na sua maioria de orixe latinoamericana e captábanas no seu lugar de orixe. Xa en España as forzaban a prestar servizos sexuais obrigandolles a entregar a metade do cobrado aos clientes. Ademáis lles reclamaban saldar unha suposta débeda de setemil euros. Segundo os investigadores, algunha das vítimas mesmo foi vendida a tratantes por cantidades próximas aos mil euros.

A investigación iniciouse por unha alerta da chegada a España dunha posible vítima de trata de seres humáns que foi posteriormente localizada pola policía o que permitiu confirmar tamen a existencia desta rede criminal que chegaba a proporcionar reservas de hotel, seguros médicos e pasaxes aéreos para que figurasen ante as autoridades españolas coma turistas.

Ademáis das detencións practicadas en Galicia, houbo outras tres en Burgos, Cuenca e Madrid.

Dende a policia nacional convidan a cidadanía a colaborar cas suas denuncias anónimas no teléfono 900 10 50 90 ou no email trata@policia.es